domingo, 25 de diciembre de 2016

Desamor


A pesar desa sensación tan mala de non sentirte correspondido no amor, de sentirte sen ganas de seguir adiante, sen ganas de vivir, cun baleiro enorme, debes loitar por esa persoa, porque sabes que podes conseguir namorala.
Que ti podes co que te propoñas, que non só son os homes os que fan sufrir ás mulleres; hai homes que non son correspondidos.
"Ti non decides de quen te namoras o teu corazón elíxeo"
Lembro aquel día que te vin naquela parada de bus. Era un Luns. Ti ías vestida con aquel xersei vermello que tanto me gusta, e aqueles vaqueiros que tanto pos. Estabas tan fermosa co teu cabelo negro e o teu pintalabios cor carmín! Foi amor a primeira vista. Despois daquel día, vinte todos os días na mesma parada de sempre.
Un inesperado día de choiva,eu non levaba paraugas. Puxénme a capucha e corrín cara a parada. E ti ofrecícheme pórme ó teu carón para taparnos co paraugas. Ao chegar ao instituto deiche as grazas, e seguidamente mirámonos,pero cada un foise para a súa aula. 
Tivemos clase coma sempre. Soou o timbre, chocamos, e sen querer tireiche cos libros. Nese instante, as nosas miradas cruzáronse outra vez e enseguida sentín bolboretas no estomágo.
Ao mes seguinte,pedinlle de saír e ela díxome que non.
Pero eu sabía que apenas nos coñeciamos,e que podía conseguir que ela se namorará. Entón, eu deixei na súa parada, día a día,durante seis meses unha carta. 
Despois de todo isto, e máis cousas que fixen por ela, rendinme, e dicir, canseime.
Pero dous meses máis tarde pasou algo que non imaxinaba: ela volveu, pero está vez,quen dixo que non fun eu. Ao principio custoume asimilalo porque a min ela atraíame moito, pero pensei en min, e creo que agora tiña que pasar ela por todo o que pasei eu. Pediume perdón dicindo que estaba arrepentida, pero iso non me ía facer cambiar de idea, porque debes valorar a unha persoa antes de poder perdela, xa que despois arrepentirse, non sirve de nada.
Ó pasarme todo isto aprendín a valorarme, a quererme a min mesmo,que tanto tempo perdín loitando por ela, esquecín a outra xente. Hai moitas máis mozas no mundo, e eu "enganchárame" a ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario