lunes, 15 de mayo de 2017

Este corpo non é meu

Levantarte un día e darte conta de que o corpo que tes non é teu,e non me refiro a que o noso corpo estea endemoniado por outra persona.
Creo que todos nos demos conta do que me refiro.Refírome a cando non te sentes cómodo con teu corpo porque es mozo no exterior pero por dentro sénteste completamente una moza,ou ao revés.Debe ser duro levantarte todos os días sendo outra persona totalmente distinta, ir á escola e que te critiquen por ser así,sentirte agobiado sen saber que poder facer.
Seguramente que todas esas personas se preguntarán: ¿Que debo cambiar a miña forma de ser e de pensar,ou o meu exterior? Moita xente chega ao suicidio por querer cambiar,por ser diferentes,maís ao fin e ó cabo non son diferentes; son personas coma todos.Paréceme moi ben que algúns deles fagan todo o posible por cambiar o seu corpo,e cambiar o seu nome,porque iso é o que realmente os fai felices.Creo que non deben ser criticados por nacer nun corpo que non lles corresponde, porque para eles xa debe de ser bastante duro terse que levantar día a día,mirarse no espello e odiarse,odiar o que ven, insultarse e romper en pranto ata chegar a facerse lesións no corpo eles mesmos. Eles xa o pasan moi mal,e se os criticamos,inda peor.Hai que apoialos para que sigan adiante, para que se fagan fortes e dean ese maravilloso paso de cambiar, ter a valentia de dicir."Ata aquí cheguei.É a hora de cambiar"
Se algunha persona se identificou con este texto,quérolle dicir: non te agobies,non temas,non te odies,quérete e valórate.Todos sabemos que é moi duro,non te rindas NUNCA,xa que rendirse é de covardes,e ti non es así. Es moi valente por levantarte cada mañá nun corpo que non che corresponde,e por iso tes que loitar día a día,aínda que ningún te entenda. Non é fácil. Seino. Pero debes loitar por conseguir ese corpo,loitar por ser feliz,por ver a vida doutra maneira, e nunca te olvides de loitar por ti. Soamente por e para ti.
Se outros o conseguiron,ti tamén.

1 comentario:

  1. Un texto moi interesante, animas a ser valente e a loitar por ser un mesmo. Sempre me tocas coas túas palabras! Moitas grazas.

    ResponderEliminar